FUXE!! GHRITA!!

martes, mayo 23, 2006


Non ás corridas de Touros


Nestas épocas de festas taurinas talvez escoites que a festa dos touros é unha arte, pero non o é....É unha Ciencia?...A ciencia da Tortura?. Nada nesta festa brava é atraínte, só a dor. Crese valente pero non o é; non ten carácter forte. 24 Horas antes de entrar na area, o touro foi sometido a un encerro, ás escuras para que ao soltalo, a luz e os berros dos espectadores o exciten e traten de fuxir saltando as barreiras, o que produce a imaxe no publico de que o touro é feroz, pero a condición natural do touro é fuxir NON atacar. Tamén se lle recortaron os cornos para protexer ao toureiro. Colgáronlle sacos de area no pescozo durante horas. Golpeáronno nos collóns e nos riles. Inducíronlle diarreia ao poñerlle sulfatos no auga que bebeu. Todo isto é co fin de que chegue débil ao rodo e en completa desorde. Úntanlle graxa nos ollos para dificultarlle a visión e nas patas puxerónolle unha sustancia que lle produce ardor e impídelle manterse quedo, así o toureiro non desluce a súa actuación.

Os cabalos dos picadores: Elíxense a cabalos que xa non teñen valor comercial, por que o animal morre en 3 ou 4 corridas ao moito, é moi habitual que o animal sufra roturas múltiples de costelas ou destripamientos. Colócaselles un peto simulando que se lles protexe, pero en realidade trátase de que o publico non vexa as feridas que con frecuencia presentan.

O traballo do picador: Se o toureiro percibe que o touro embiste con moita enerxía, ordea ao picador facer o seu traballo: Consistente en desangrar ao touro para debilitalo, cravándolle no lombo unha lanza que esnaquiza músculos (trapecio, romboideo, transversos de pescozo....) Lesiona, ademais, vasos sanguíneos e nervios. Isto é para que o "valente" do toureiro poida brindar a expresión artística que se supón debe ter este espectáculo. Cun só punzazo poderíase esnaquizar ao touro, por iso faise en tres tempos "para maior goce da afección."



As banderillas : As banderillas aseguran que a hemorraxia siga; inténtase colocalas xusto no mesmo sitio xa danado cos ganchos de metal. O gancho móvese dentro da ferida con cada movemento do touro e co rozamento da muleta, o peso das banderillas teñen precisamente esa función. Algunhas banderillas teñen un arpón de 8 cms, e chámaselles "de castigo", ás cales é sometido o touro cando logrou evadir os lances do picador. As banderillas prolongan o desgarre e afondamento das feridas internas. Non hai límite ao número de banderillazos: tantos como sexan necesarios para desgarrar os tecidos e a pel do touro. A perda de sangue e as feridas no espiñazo dorsal impiden que o touro levante a cabeza de xeito normal, e é cando o toureiro pode achegarse. Co touro xa abatido , o tourero non se preocupa xa do perigo e pódese dar o luxo de retirarse do touro logo dun pase especialmente "artístico", botando o peito cara fora ao recibir os aplausos do público. Cando o touro alcanza este estado , o "matador"(asasino) entra nunha celebración de bravura e machismo, a enfrontarse a un touro exhausto, moribundo e confundido.



A Espada: O touro é atravesado cunha ESPADA de 80 cms de lonxitude, que pode esnaquizarlle o fígado, os pulmóns, a pleura, etc., segundo o lugar por onde penetre no corpo do animal; de feito, cando esnaquiza a gran arteria, o touro agoniza con enormes vómitos de sangue. Á hora de matar, se o touro corre cun pouco de "sorte" morre dunha estocada, pero non como se pensa dunha estocada ao corazón se non que a espada atravesa pulmóns e diafragma, ás veces unha arteria maior, e de aí a hemorraxia que se aprecia do fuciño e da boca. Ás veces morren afogados no seu propio sangue.

A Tortura segue: O touro, nun intento desesperado por sobrevivir, resístese a caer, e adoita encamiñarse penosamente cara á porta pola que o fixeron entrar, buscando unha saída a tanto maltrato e dor. Pero entón o apuñalan na caluga co DESCABELO, outra longa espada que termina nunha cuchilla de 10 cms. Malia estes terribles tormentos, o animal non adoita morrer de inmediato pola súa gran forza, pero finalmente cae ao chan, porque a espada esnaquizou os seus órganos internos. Asasinos cobardes. A Tortura segue: O 'rematan' coa PUNTILLA de 10 cms. co que intentan seccionarlle a medula espinal, á altura das vértebras 'atlas' e 'axis'. O touro queda así paralizado, sen poder sequera realizar movementos cos músculos respiratorios, polo que morre por asfixia, moitas veces afogado no seu propio sangue, que lle sae a borbotóns pola boca e o nariz.





O Arrastre: Despois que lle esnaquicen as vértebras, o touro perde o control sobre o seu corpo desde o pescozo hacia abaixo; con toda a cara levantada manténse intacto, polo que é consciente de todo o horror e de como é arrastrado fora da praza

NON SEXAS INDIFERENTE á súa DOR Non sexas participante destes eventos, esas tradicións non van co século XXI, Reflexiona. A conmiseración cos animais está íntimamente unida coa bondade de carácter, de tal xeito que se pode afirmar de seguro, que quen é cruel cos animais non pode ser boa persoa. (Schopenhauer). Só os psicópatas gózan. Esta é unha tradición que NON debe continuar. Pero o mais importante... Ensina aos teus fillos o respecto polos seres vivos.


!!!!Que lle den, pero ven !!! Ese touro!!!

2 Comments:

At 5:39 p. m., Anonymous Adri said...

Ganas de matar es lo que me entra a mi al leer y ver estas cosas. Y lo mejor de todo es que hay gente que se cuestiona si todo eso es verdad o no y se creen que es una lucha justa. Joder, hay gente para todo en este puto mundo. Habría que ponerlos delante de un toro salvaje para ver si con una capita roja eran capaces de sacarselo de encima.

Que esta de puta madre este Blog tios, os hice un poco de publi en mi fotolog. www.fotolog.com/funkaholik. Vale la pena este tipo de cosas, aunque solo sea para que a la gente le entre un poco resquemor en el cuerpo.Demasiada comodidad y conformidad con todo...

Bikos e apertas compañeros :)

Adri

 
At 6:21 p. m., Anonymous pery said...

Psicopatas!!!nunca mejor dicho...jamas entendi el pq de esa tortura sin razon , y menos aun q no solo este bien visto, sino q ademas es fiesta nacional...pero nunca habia leido como torturan a los toros paso a paso...MALDITOS HIJOS DE PUTA...la verdad es q despues de leer vuestro articulo mi incomprension y desprecio a las corridas de toros es aun mayor(si cabe).
Espero q se haga realidad vuestra ultima frase, y la gente empiece a enseñar a sus hijos el respeto por TODO ser vivo, pues si no esto solo puede ir a peor(y ya es dificil!!).
un saulodote!!

 

Publicar un comentario

<< Home