FUXE!! GHRITA!!

miércoles, mayo 10, 2006

Os matadeiros

A recente aprobación dun Real Decreto que ten como obxectivo "non ocasionar aos animais axitación, dor ou sufrimento evitables" é unha norma de dubidosa aplicación, se se ten en conta que os matadeiros non son precisamente residencias de repouso, senón lúgubres e dantescas instalacións cuxa función é a de segar sistemática e innecesariamente a vida de millóns de animais cada ano.
A nova normativa máis detallada e completa inclúe, por exemplo, aos animais de peletería, como os visons e as chinchillas e tamén os poliños dun día, pero non regula a experimentación nin a morte de animais en manifestacións "culturais ou deportivas", a caza ou os sacrificios coránicos e hebreos. Segundo a lei, "todos os sacrificios haberán de facerse cos animais debidamente suxeitados para evitar, na medida do posible, o sufrimento e as feridas ou contusiones innecesarias", seguindo os métodos de matanza válidos para cada especie e os requisitos para que o toque de graza sexa certeiro; pero se temos en conta o repertorio dos métodos utilizados: pistola ou fusil de balas, electrocución, decapitación ou dislocación do pescozo, inyección letal, cloroformo, monóxido ou dióxido de carbono, campás sen carga, etc..., é sumamente improbable que os expertos (verdugos) encargados desa cadea de morte e dor saiban distinguir o necesario do innecesario, ou que sentan calquera sentimento de compaixón cara ás vítimas que matan fríamente arreo cada día.
As prohibicións que puidesen formar parte dun manual de matarife "educado" non son outra cousa que a admisión de que tales prácticas están xeneralizadas e, se temos en conta o desgaste psicolóxico que xera toda operación en cadea e a falta de identificación cos intereses individuais dos seres vivos que compoñen a materia prima dos mataderos, as novas regras pódense interpretar como un recoñecemento tácito da imposibilidad real de proporcionar tan sequera unha morte menos traumática aos animais. A principal dificultade para poñer en práctica os consellos que puidesen extraerse desta lexislación estriba no feito de que os animais - testemuñas e vítimas involuntarias dun horror sen límites - non se deixan matar "ben" e na natureza violenta da operación que implica o transporte, carga e descarga, a matanza e o despiece de miles de animais cada día.
O matadeiro é ese sitio onde se leva a cabo a matanza industrializada, onde terminan moitas vidas que non chegaron sequera a comezar.