FUXE!! GHRITA!!

jueves, mayo 11, 2006

ZOOS E CIRCOS




Nos zoos e circos, os animais vense atrapados en gaiolas e lonxe dos contornos nos que poderían vivir de modo axeitado.



Por iso manifestan graves síntomas de estrés, aburrimento e desequilibrio psicolóxico. Un exemplo moi claro disto constitúeno os chamados comportamentos estereotipados (a repetición constante dun determinado movemento, como axitar a cabeza ou dar voltas en círculo), que os animais en reclusión manifestan a miúdo.


Algúns animais que teñen unha intensa vida social son condenados para sempre á soidade máis absoluta. Moitos padecen un clima hostil para eles, que en nada se parece ao do lugar do que proveñen. O verán resulta especialmente duro, pola calor, para animais como os osos polares ou os pingüinos, mentres outros como os leóns sofren considerablemente no inverno. Animais acuáticos (peixes, tartarugas, mamíferos mariños...) son confinados en reducidos acuarios ou se angustian de modo extremo en minúsculas piscinas onde só poden dar voltas e voltas. A miúdo o cloro irrita e dana seriamente a súa pel e ollos, chegando a cegalos parcialmente.

Algúns zoos intentan xustificar a súa existencia afirmando que contribúen á pervivencia de determinadas especies. Á marxe de que isto sexa un engano, pois para surtir ós zoos innumerables animais son capturados nos seus lugares de orixe (proceso no que moitos morren), o feito é que tal argumento non resulta aceptable.


A pervivencia dunha especie nunca xustifica o atormentar aos seus membros, xa que son éstes, os individuos, quen teñen a capacidade de sufrir e gozar, non as especies. ¿Seica calquera de nós toleraría que se nos encerrase para sempre co fin de favorecer a conservación do grupo do que formamos parte? Por exemplo, non nos parecería xusto que nos encerrasen por ser un dos poucos seres humanos existentes cunha certa cor de pelo. Se nos poñemos no lugar dos animais encerrados nos zoos, darémosnos conta de que o que queren non é outra cousa que poder seguir coas súas vidas en liberdade, sen a nosa intromisión.



A situación que sofren estes animais, é intolerable. Pasan a maior parte das súas vidas en gaiolas minúsculas nas que son transportados, das que só adoitan saír para o seu adestramento e posterior "espetáculo".

Tan extremo confinamento ten moi graves consecuencias tanto físicas como psíquicas para os animais. Os "trucos" que se lles obriga a facer (osos balanceándose sobre balóns, simios conducindo motocicletas, elefantes manténdose sobre dúas patas...) son físicamente incómodos, dolorosos e estresantes para eles.

Só debido ao medo, tralos duros e continuados castigos que padecen, acaban por actuar de tal modo.

Aquí queda información sobre patrocinadores desta aberrante situación. MARCAS QUE PARTICIPAN CO "PRESTIXIOSO" CIRCO MUNDIAL:Viajes Halcón, Caja Madrid, El Corte Inglés, Air Europa, Peugeot, Junta CASTILLA LA MANCHA, Periódico de Catalunya, El País, ABC, El Mundo, Cadena Ser, Cadena Dial, Cadena COPE, Diario Las Provincias, Diario El Correo, TVE, Tele 5, Canal 9, La Razón.

1 Comments:

At 3:51 p. m., Anonymous pery said...

nunca entendi pq el ser humano se siente superior a todo lo q le rodea...si solo somos una especie mas!!!(eso si, bastante mas destructiva q el resto)...un saludote!

 

Publicar un comentario

<< Home